
Detalles do eventos
Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, a Obra Social de ABANCA, conmemora o Día Internacional dos Bosques, que se celebra anualmente o 21 de marzo,
Detalles do eventos
Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, a Obra Social de ABANCA, conmemora o Día Internacional dos Bosques, que se celebra anualmente o 21 de marzo, cunha programación especial de actividades que conxugan o lúdico co didáctico para continuar concienciando sobre a importancia de valorar e protexer os nosos bosques. A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA ‘Educación para a sustentabilidade’, que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA.
O venres 21 de marzo de 17:00h a 18:30 h, celebrarase un taller de insectos. Nesta proposta interactiva, os asistentes aprenderán como estes seres contribúen ao equilibrio dos bosques e por que son esenciais para a súa supervivencia. Esta actividade inclúese no programa ‘Cultura por alimentos’ de Afundación, polo que o asistentes poderán acceder de maneira gratuíta a cambio dunha doazón de alimentos que se destinará ao Banco de Alimentos de Vigo. É necesario reservar praza neste formulario.
Tamén se abrirá ao público a exposición Un mundo de árbores conformada por 6 cortes de madeira e 23 fotografías relacionadas cos bosques. Os asistentes descubrirán a biodiversidade destes hábitats, a súa importancia para o clima e a súa relación coa vida na Terra. Ademais, contarán cunha unidade didáctica específica para que os visitantes poidan profundar no tema. Poderase visitar todos os sábados ata o 26 de abril, de 17:30h a 20:30 h. Ademais, cada neno e nena que acuda obterá de agasallo unha árbore autóctona para plantar ata esgotar existencias. Unha forma simbólica de contribuír á reforestación e ao coidado dos bosques.
Máis
Hora
21 marzo, 2025 17:00 - 18:30(GMT+01:00)
Localización
Naturnova
Rúa Velázquez Moreno, 18, 20, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual