Detalles do eventos
VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO. Comisariada pola especialidade de Artesanía en Coiro da Escola municipal de Artes e Oficios,
Detalles do eventos
VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO.
Comisariada pola especialidade de Artesanía en Coiro da Escola municipal de Artes e Oficios, que terá lugar o vindeiro venres, día 13 de febreiro, ás 19,00h, no Espazo EMAO, así coma o cartel da propia exposición.
“Noiroeste. A Reserva Occidental”, representa a sétima edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidada xa como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle un enfoque singular que fixera visible a actualidade e percorrido desta especialidade artesá. Nesta edición, trabállase a idea da pegada do oficio no noroeste peninsular, unha referencia xeográfica consolidada e á altura doutras máis coñecidas e recoñecidas.
Marroquineiros, zapateiros, guarnicioneiros, artistas do coiro, zoqueiros, trenzadores… Oficios que sobreviven no nordés, a reserva occidental que forman Galicia, Asturias, Castela e León e o norte de Portugal, e que desde hai algo máis de trinta anos viven un momento especial de traballo, creatividade, innovación e de compartir coñecementos.
En febreiro de 2013 a EMAO comezou un proxecto que naceu como algo esporádico, pero que se consolida nesta sétima edición da “Bienal do Coiro” como unha cita imprescindible para coñecer máis e mellor o mundo do coiro. Desde hai 13 anos cada Bienal articúlase en catro ideas fundamentais:
– Traer ao Espazo EMAO o traballo de artesáns de recoñecido prestixio para que o alumnado poida coñecelo de primeira man.
– Dar a coñecer o traballo do alumnado e egresado da EMAO.
– Dar a coñecer o traballo dos talleres e obradoiros artesáns locais.
– Achegar ao público en xeral a realidade e variedade do traballo do coiro.
Con esta sétima edición da “Bienal de Artesanía en Coiro”, a artesanía máis próxima a Vigo, “a de quilómetro cero”, visita a EMAO cos mellores artesáns do Noroeste da península ibérica. Unha nutrida representación de artesáns de Galicia, pezas que hai 25 anos marcaron un antes e un despois na maneira de entender o coiro, unha representación destacada dos oficios que manteñen vixente un material que segue vivo co tempo.
Hora
13 febreiro, 2026 19:00 - 27 febreiro, 2026 21:00(GMT+01:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

