>
Detalles do eventos
A mostra reúne varias coleccións de cadros desenvolvidas polo artista durante os últimos anos en Vigo, configurando un percorrido expositivo que convida ao visitante a experimentar o espazo
Detalles do eventos
A mostra reúne varias coleccións de cadros desenvolvidas polo artista durante os últimos anos en Vigo, configurando un percorrido expositivo que convida ao visitante a experimentar o espazo coma se se tratase dun museo contemporáneo, onde cada serie posúe identidade e significado propios. Lonxe de centrarse nunha única temática, ‘Museum (?)’ articúlase arredor de catro coleccións diferenciadas. A primeira delas, titulada 2rightsmake1wrong, conecta dúas das grandes paixóns do artista, a pintura e a música, facendo que cada obra tome o nome dunha canción para establecer un diálogo entre o visual e o sonoro. Por outra banda, en Cotas, a proposta profunda nas cicatrices emocionais e mentais, aquelas pegadas invisibles que moldean a identidade e trazan o camiño persoal de cada individuo. Así mesmo, Mihiseak preséntase como unha colección minimalista, próxima e amable, onde as parellas adquiren protagonismo dentro dun universo visual sereno e emocional. Por último, Ecos, a serie máis recente e presentada por primeira vez nesta exposición, funciona como un pequeno atlas sen xeografía concreta, onde o color e as formas constrúen atmosferas emocionais e sensoriais.
En todas as coleccións, Hugo R.G emprega unha técnica mixta que combina materiais de obra, acrílicos e tintes de cor procedentes de Marrocos, creando composicións de gran riqueza matérica e expresiva. Deste xeito, a exposición convida ao público a contemplar as obras desde a calma e a emoción, deixando espazo á interpretación persoal do espectador. Esta idea conecta coa célebre reflexión de Marcel Duchamp, quen afirmaba que, contra toda opinión, non son os pintores senón os espectadores quen fan os cadros. A mostra estará aberta ao público ata o 30 de xuño de 2026.
HORARIO:
- Luns: 10:30 h – 13:30 h, 16:00 h – 18:00 h
- Martes: 10:30 h – 13:30 h, 16:00 h – 18:00 h
- Mércores: 10:30 h – 13:30 h, 16:00 h – 18:00 h
- Xoves: 10:30 h – 13:30 h, 16:00 h – 18:00 h
- Venres: 10:30 h – 13:30 h, 16:00 h – 18:00 h
- Sábado: Pechado
- Domingo: Pechado
Hora
20 maio, 2026 10:30 - 30 xuño, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
Navia Espacio de Arte
Rúa da Pedra Seixa, 33, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


