FAITE AMOVIDALOVER

25feb19:0025mar02:00'IMAXES MUTANTES'ARTE E MUSESOS | De balde(febreiro 25) 19:00 - (marzo 25) 02:00(GMT+01:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Entre o 25 de febreiro e o 25 de marzo, a Casa de Arriba acolle ‘Imaxes Mutantes’, a primeira exposición do thereminista e debuxante Paulo Pascual.

As pezas expostas inspírase na psicodelia dos anos 60, na linguaxe visual do cómic e noutros referentes, pero cun tratamento moi definido e persoal. Están realizadas dun xeito analóxico como reacción á constante presenza da tecnoloxía dixital en todos os ámbitos. Son dez pezas cadradas de 50×50 cm elaboradas unicamente con rotulador negro sobre cartolina branca.

As obras mostran imaxes de seres, persoas, obxectos ou contornas cunha apariencia intrigante e diferente á realidade, como se sufriran mutacións.

Horario de apertura:

De martes a xoves: 19:00h –02:00h
Venres e sábado: 19:00h –03:00h

Hora

25 febreiro, 2026 19:00 - 25 marzo, 2026 02:00(GMT+01:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events