>

18xuñ19:30Exposición: `Hai un lugar´ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Organízase unha visita guiada especial á exposición Hai un lugar, de Alberto Ardid, nun encontro no que será o propio artista quen acompañe ao público por un percorrido polas salas da planta baixa. A actividade permitirá descubrir de primeira man os contidos, referencias e distintas lecturas dunha mostra inaugurada o pasado mes de abril, ofrecendo unha visión máis próxima do proceso creativo e das ideas que atravesan a exposición.

A visita será gratuíta, aínda que require inscrición previa a través do correo recepcion@marcovigo.com. As prazas son limitadas.

Hora

18 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)