XERAIS

Este é un evento repetitivo

15maiTodo o díaExposición ‘Fora da Aula. Alumnado de Bacharelato de Artes do Politécnico de Vigo’ARTE E MUSEOS | De balde (Todo o día: venres)(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O mes de maio chega cargado de plans para gozar en familia no Centro Comercial Camelias, que se converte nun punto de encontro onde a cultura, a creatividade e a aprendizaxe se dan a man. Unha programación pensada para todos os públicos, con actividades que invitan a compartir tempo de calidade e descubrir novas experiencias.

Os días 15 e 16 de maio, a planta baixa acollerá a exposición ‘Fora da Aula. Alumnado de Bacharelato de Artes do Politécnico de Vigo’, unha mostra chea de talento novo e creatividade. Nela, estudantes de Bacharelato de Artes presentan unha coidada selección dos seus traballos máis recentes. Esta iniciativa nace da inquietude do propio alumnado por dar visibilidade ás súas creacións e vivir de primeira man a experiencia de montar unha exposición, unha parte fundamental do proceso artístico. Unha oportunidade única para achegarse á arte emerxente e descubrir a mirada fresca das novas xeracións.

O 23 de maio, o centro continúa apostando polo benestar familiar co ciclo de charlas ‘Crecendo Xuntos’. Nesta ocasión, a especialista Irene Martínez, de Lactandosinmas, ofrecerá a charla ‘Mitos e realidades sobre a lactación: o que ninguén te conta sobre ela’. Un espazo próximo e práctico dirixido especialmente a nais e familias, onde resolver dúbidas e compartir experiencias sobre unha etapa tan importante como a lactación.

E para pechar o mes, o 30 de maio, o centro encherase de cor e creatividade co II Encontro de Patchwork e Exposición, unha xornada que terá lugar tanto na planta alta como na planta baixa. Durante o día celebraranse dous obradoiros de iniciación, un pola mañá ás 12:00 h e outro pola tarde ás 17:30 h, onde as persoas asistentes poderán iniciarse ou perfeccionar esta técnica artesanal. As prazas son limitadas e a inscrición realizarase telefonicamente.

Con esta programación, o Centro Comercial Camelias reforza o seu compromiso de ser moito máis ca un espazo de compras: un lugar onde aprender, inspirarse e gozar en familia.

Hora

15 maio, 2026 Todo o día(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events