Detalles do eventos
Artista salvadoreña, artivista e feminista. Muller migrante. Delmi Galeano pinta dende a raíz e dende a ferida. A súa arte nace da memoria da súa
Detalles do eventos
Artista salvadoreña, artivista e feminista. Muller migrante.
Delmi Galeano pinta dende a raíz e dende a ferida. A súa arte nace da memoria da súa terra e dos camiños que a trouxeron ata aquí. En cada cor habitan as nosas raíces latinoamericanas, esas que non se perden aínda que o corpo migre.
A través da pintura rende honra á Nai Terra, ás avoas e aos costumes que nos sosteñen. Defende que somos natureza viva e que crear tamén é unha forma de coidar.
A súa obra fala de mulleres: da súa forza, da súa tenrura e da súa loita cotiá. Como activista polos dereitos das mulleres migrantes, pinta para nomearse, para non esquecer e para seguir de pé.
Pinta con alegría como acto de resistencia, con amor como linguaxe e co convencemento de que a nosa arte tamén é fogar.
De luns a venres de10:00–14:00, 16:30–21:00.
Sábados de12:00–14:00.
Domingo pechado.
Hora
5 febreiro, 2026 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


