Exposición #AsArtistas – A Movida

novembro, 2018

16novalldayExposición #AsArtistasEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(Todo o día) O Almacen Cultural

Máis

Detalles do evento

#AsArtistas é un proxecto creado por Ed Morgan e Davida (David Amoedo) no seo de Festival Nun Local. Naceu cunha ruta por diferentes rúas de Vigo nas que se podían atopar 34 murais con ilustracións dalgunhas das mulleres artistas que participaron nas tres primeiras edicións do Festival. O seu principal obxectivo é visibilizar o traballo da muller nos ámbitos da música, a literatura e as artes escénicas.

Ademais dos muráis de rúa, o proxecto tamén está formado por ilustracións tamaño A4, postais, marcapáxinas e un libro compilatorio, que estarán expostos dende o 16 de novembro ata o 30 de decembro no Almacén Cultural. Coa venda deste material contribúese ao financiamento do festival.

De luns a venres de 17:30 a 22:30.
Sábados e domingos pechado.

Hora

Novembro 16 (Venres) - Decembro 30 (Domingo)

Lugar

O Almacen Cultural

Av. de Ramón Nieto, 58, 36205 Vigo, Pontevedra

X