
Detalles do eventos
A Marcha Mundial das Mulleres de Vigo presenta unha exposición na Cantina Candelas en Vigo, encadrada no Día mundial para a erradicación da pobreza celebrado o 17 de
Exposición 'A pobreza ten nome de muller'
A Marcha Mundial das Mulleres de Vigo presenta unha exposición na Cantina Candelas en Vigo, encadrada no Día mundial para a erradicación da pobreza celebrado o 17 de outubro. A exposición ‘A pobreza ten nome de muller’ está composta por varias láminas da temática.
A mostra estará exposta durante un mes na cantina, ata o 17 de novembro.
A pobreza extrema afecta a milleiros de persoas no mundo. No ano 2015 uns 736 millóns de persoas vivían e subsistían con menos de 2 € diarios e no ano 2018 o 55% da población mundial non tiña acceso a ningún programa de axuda social. No 2020 ata 100 millóns de persoas caeron na pobreza debido a pandemia. A maioría das persoas que viven por debaixo do umbral da pobreza atópanse principalmente nas rexións da Asia meridional e a África subsaxariana. As altas taxas de pobreza atopámolaa a míudo en países pequenos, fráxiles e afectados por conflictos armados e os consecuentes desplazamentos por sobrevivir.
Nestas cifras de pobreza, o 60% das persoas que a padecen son mulleres e nenas. A pobreza ten nome de muller. Pese a que colaboramos igual que os homes na creación de riqueza, no reparto desta somos marxinadas. Os nosos traballos son os máis precarios, os menos dignificados e o traballo dos coidados, que asumimos maioritariamente, é invisibizado e súmase en moitos casos nunha dobre xornada. Colaboramos, pois, dobremente nesa riqueza da que a maioría de nós non nos beneficiamos.
Nun mundo de progreso, caracterizado por niveis desorbitados de recursos financieiros e desenvolvemento económico, con grandes avances e medios tecnolóxicos resulta impensable e insultante que millóns de persoas vivan na extrema pobreza. Este problema non corresponde exclusivamente a unha falta de ingresos se non que se trata dun fenómeno multidimensional que comprende ademais a falta das capacidades básicas para vivir con dignidade. Cando a impresión xeralizada é a que a vida das mulleres está mellorando en todo o mundo a realidade e as cifras desminten este tópico. O capitalismo e o patriarcado precisan da pobreza, precisan da desigualdade, precisan da inxustiza para existir. Son contrarios a unha vida digna. O beneficio social non o miden os cartos. Por todo isto, temos que reformular as reglas económicas e apropiarnos do noso dereito a unha vida digna e reivindicar o noso espazo neste mundo que nos debe pertencer por igual a todas.
Máis

Outubro 17 (Domingo) - Novembro 17 (Mércores)
Cantina Candela
Rúa Martín Códax, 12, 36201 Vigo, Pontevedra