>

07set(set 7)19:0023(set 23)20:30A exposición ‘Paxarada da Barroca’ leva a La Contenedora a biodiversidade da carballeira de NaviaARTE E MUSEOS | De balde19:00 - 20:30 (23)(GMT+02:00) La Contenedora

Detalles do eventos

A Contenedora acollerá desde o vindeiro luns 7 de setembro a exposición Paxarada da Barroca, unha mostra artística e reivindicativa impulsada pola plataforma Salvemos a Barroca para poñer o foco na riqueza natural da carballeira de Casaliños, en San Paio de Navia, e reclamar a súa conservación.

A exposición reúne aves de cerámica elaboradas por distintos obradoiros e artistas da cidade, como Blaurtopias, La Cafetera Cerámica, Ola Taller, Kenji, Misoco e Tinglao. As figuras representan parte das aves da carballeira e teñen a súa orixe nunha acción sonora e performática realizada o pasado xuño diante do Concello de Vigo, na que as pezas serviron para trasladar simbolicamente ata a sede municipal o canto das aves do bosque.

A inauguración terá lugar o luns 7 de setembro ás 19.00 horas en La Contenedora (rúa Eduardo Iglesias, 11), e contará coa intervención de Diego R. Vieites, biólogo especializado en ornitoloxía, que abordará a biodiversidade presente neste espazo e a importancia da súa conservación.

Desde Salvemos a Barroca denuncian a situación urbanística da carballeira e reclaman reverter a súa recualificación, ao tempo que sinalan o valor ecolóxico dun dos últimos bosques destas características que se conservan no barrio de Navia. Segundo a plataforma, na zona están presentes máis de corenta especies de aves, ademais de mamíferos como o teixugo e o ourizo e numerosas especies vexetais.

Hora

7 setembro, 2026 19:00 - 23 setembro, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

La Contenedora

Rúa de Eduardo Iglesias, 11, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events