VIALIA
bannerPicnicSesions

Expo + presentación libro Andrés Magán

30nov19:30Expo + presentación libro Andrés MagánARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

No seu afán por achegarnos o mundo da ilustración, Galería Maraca tráenos nesta ocasión unha exposición dun dos ilustradores galegos máis recoñecidos e máis interesantes do panorama underground europeo. Ademais para a inauguración o propio autor presentará o seu último traballo, unha novela gráfica editada por Bang! edicións “Las Aventuras de Passer P.Malta”, e como guinda do evento teremos a actuación de 15 Iguais, o novo proxecto musical do mesmo A.Magán (ex-Fantasmage) xunto a Carmela Rodríguez no que mesturan música en directo con proxeccións de vídeos.

“No se cuando vuelve el cerrajero” é a primeira expo individual de Andrés Magán en Vigo. Unha mostra dividida en dous partes: unha na que se mostrarán as 48 páxinas orixinais a man do libro “Las aventuras de Passer P.Malta” e outra na que se mostrarán unha recompilación de máis de 30 dos debuxos máis persoais do autor onde se poderá apreciar o seu inconfundible estilo con formas, cores e abstractos hipnóticos pero tamén polos seus universos turbadores e personaxes inquietantes e case traumáticos.

Máis

Hora

(Mércores) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events