REVISTA NOVEMBRO

Expo outlet de Ki-fi

14mai(mai 14)18:0016(mai 16)21:00Expo outlet de Ki-fiARTE E MUSEOS | De balde18:00 - 21:00 (16)(GMT+02:00) F**k this Studio

Detalles do eventos

Fuck this collection non é o nome dunha nova colección da marca Ki- fi, senón que é un evento no que a marca rebaixará moi considerablemente a súa colección actual, porque debido á crise covid acumulóuselles stock e queren vendelo todo para poder continuar con todos os novos proxectos e ideas que lles veñan.

No evento ademais de roupa chulísima haberá música, vídeos, fotografías e instalacións que falarán desta marca e o seu proxecto. Tras o evento na web da marca continuarán estás “rebaixas” durante un tempo moi limitado co que poida quedar tras no evento no fuck this studio.

O evento será o venres 14 de 18:00 a 21:00 e o sábado e domingo de 12:00-14:00 e de 18:00 a 21:00. Ao ser algo diferente ás expos habituais do espazo non se reservará unha franxa horario, senón que se apuntará por día e farase cola, pois o aforo dentro do local segue sendo de 6 persoas no local grande e 2 no pequeno.

Máis

Hora

14 maio, 2021 18:00 - 16 maio, 2021 21:00(GMT+01:00)

Localización

F**k this Studio

Rúa de Urzaiz, 83, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events