VIALIA
bannerPicnicSesions

Experiencia Starlight

10xul23:00Experiencia StarlightACTIVIDADES PARA O COCO | 20,00€23:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

Este sábado 10 de xullo pola noite, Navieira Mar de Ons poñerá rumbo a augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para que todos os interesados poidan vivir a bordo unha Experiencia Starlight.

As Illas Cíes están certificadas como un dos catorce enclaves do mundo ‘Destino Turístico Starlight’ e contan con ‘Selo Observer’. É por iso que a súa contorna é o lugar elixido para gozar do ceo estrelado. Un guía astrónomo acompañará aos participantes e explicará as particularidades das diferentes constelacións que se poidan observar durante a travesía.

A noite do sábado, Navieira Mar de Ons organizará unha saída desde o Porto de Cangas ás 22.30 horas e outra desde o de Vigo ás 23.00 horas, a duración total do servizo é de tres horas aproximadamente.

Prezo adultos: 20 euros
Prezo nenos ata 12 anos: 10 euros

Máis

Hora

(Sábado) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events