BANNER CANS
BANNER GALAXIA

16mai21:30EXERIACONCERTOS | Desde 6,00 €21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Se falamos de locais clásicos en Vigo con música en directo, non pode faltar na lista A casa de arriba. Este espazo esta a celebrar o seu 25 aniversario, o cal e moito dicir no eido cultural nestes momentos. O vindeiro venres 16 a banda Exeria nun formato acústico, no que transmutaran varios temas, cambiándoos de xénero musical e xogando coas cancións. Unha ocasión única para velos un ambiente intimo e nas distancias curtas.

Se ben no pasado xa tiñan amagado este exercicio acústico, este ano están presentando concertos íntegros neste formato. Tras Salceda de Caselas, Ferrol, Bertamiráns celebraron no Auditorio Reveríano Soutullo de Ponteareas unha actuación de gala. Neste dia tan especial contaron con diversas convidadas, persoas especiais que dun xeito ou outro teñen acompañado a súa viaxe musical. Foi unha xornada na que retornamos a nosa infancia por uns intres, cunha ambientación propia dun salón dos 90.

O 25 de Abril sacaron Moderado, moderado. Nel falan sobre as posturas que moitos manteñen pero non poden defender por falta dun discurso coherente. Moitas veces interiorizamos tanto os axiomas que perdemos de vista a nosa mentalidade crítica. Repetimos as mesmas ideas unha e outra vez, fixas e inamovibles. Non escoitamos o que outros queren dicir. Usamos termos e conceptos baleiros, moitas veces para describir unha realidade que non é a nosa.

Disto fala Exeria no seu novo tema Moderado, moderado. A banda do Condado trae outro tema para abrir debate, desta vez dende un punto de vista acústico, moito mais calmado que gran parte do seu repertorio. O seu rock con esencia noventera sona aquí a través dunha acústica de 12 cordas e unha trompa, un sintetizador e a súa base clásica rítmica.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

16 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events