bannerLetrasGalegas
bannerRevistaOnline

maio, 2021

18mai19:00Evento virtualPercorrendo Vigo con lentes violeta: Águeda GómezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00

Detalles do eventos

O Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza o Ciclo de faladoiros: Percorrendo Vigo con lentes violeta, uns faladoiros para pensar Vigo con perspectiva de xénero.

O segundo será ‘Exeria, Filomena Dato, Ernestina Otero, Olimpia Valencia: Visibilización institucional das mulleres sabias na Universidade de Vigo’ con Águeda Gómez.
Terá lugar o martes 18 de maio ás 19:00 de maneira virtual, na plataforma Google Meet. É necesaria inscrición previa a través dun formulario que se enviará ao correo centro.documentacion.feminista@vigo.org

O evento enmárcase dentro da programación de actividades do centro entre abril e xuño do 2021.
Programación completa dos faladoiros:
27 de abril: ‘María Alfonso de Pazos Figueroa: unha pioneira industrial no Vigo medieval’ con Uxío Reinoso
18 de maio: ‘Exeria, Filomena Dato, Ernestina Otero, Olimpia Valencia: Visibilización institucional das mulleres sabias na Universidade de Vigo’ con Águeda Gómez
23 de xuño: ‘ Palmyre Ros e a revista Alborada (Vigo,1966): un proxecto pioneiro de prensa clandestina de mulleres’ con María Lopo

Máis

Hora

(Martes) 19:00

Detalles do evento virtual

Join the live stream

Únete ao evento agora

X