18abr16:30EVENTO PEQUES AZULESpequerrechos | de balde16:30(GMT+02:00) CC Vialia
Detalles do eventos
Peques Azules conmemora o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo O vindeiro sábado 18 de abril, no espazo Vigo Exporta, a asociación Peques Azules
Detalles do eventos
Peques Azules conmemora o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
O vindeiro sábado 18 de abril, no espazo Vigo Exporta, a asociación Peques Azules levará a cabo unha xornada especial para lembrar que as persoas autistas non son invisibles. O obxectivo principal do evento é combater a desinformación e explicar a importancia de contar con apoios especializados.
Programación da xornada:
- Punto de Sensibilización (14:00 a 20:00 h): Un espazo de encontro deseñado para compartir as reivindicacións do colectivo e ofrecer información detallada sobre o autismo.
- Actividade de Pintacaras e Creatividade (14:00 a 20:00 h): Unha proposta lúdica para fomentar a participación dos máis pequenos.
- Concurso de Debuxo “A miña visión da inclusión”:
- Primeira quenda: De 17:30 a 18:30 h.
- Segunda quenda: De 18:30 a 19:30 h.
Inscricións para o concurso: As persoas interesadas en participar no concurso de debuxo deberán inscribirse previamente no Punto de Información (Planta Baixa) o mesmo día do evento a partir das 16:30 h.
Hora
18 abril, 2026 16:30(GMT+02:00)
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra


