
10mai23:00Eurovision PetardPop Party con MEGARACONCERTOS | De balde23:00(GMT+02:00) Plaff
Detalles do eventos
Este ano a semana eurovisiva do 10 ao 17 de maio vai ser moi intensa no Plaff!, o local onde se vive Eurovisión da maneira máis fervente de
Detalles do eventos
Este ano a semana eurovisiva do 10 ao 17 de maio vai ser moi intensa no Plaff!, o local onde se vive Eurovisión da maneira máis fervente de Galicia. Como é habitual, proxectarase a final do festival o día 17 de maio nun ambiente eurofán único e que sempre se enche ata a bandeira. Pero este ano, non queda aí a cousa, senón que o celebrarán desde unha semana antes, cunha gran festa previa o 10 de maio nunha nova edición das Eurovision PetardPop Parties.
Por estas festas, moi coñecidas polos eurofans de toda España, xa que é o único local de toda a península ibérica que trae actuacións de artistas que pasaron por Eurovisión ou o Benidorm Fest, xa pasaron cantantes da talla de Lucía Pérez, Anabel Conde, Suzy Guerra, Eva Santamaría, Brequette, Nicki French, Aiko e Karmento moi recentemente.
Neste caso os eurofans que se acheguen poderán gozar en directo da actuación de Megara, grupo representante de San Marino en Eurovision 2024 coa canción 11:11, e que anteriormente gañaron o festival Una voce per San Marino 2024 e foron ademais finalistas do Benidorm Fest 2023 coa súa canción Arcadia.
Esta banda de rock madrileño, vixente desde 2015, estrearán en Vigo un novo formato chamado 1 euro e 1 soño con Kenzy (voz) e Rober (guitarra) nun dúo acústico audiovisual que fará as delicias dos eurofáns, xa que contarán todo o seu periplo eurovisivo destes últimos anos.
A actuación no Plaff! será ás 23:00 horas e contará con entrada libre ata completar o aforo. Para redondear a festa habilitarase unha zona de photocall á entrada do local, e haberá agasallos por parte dos patrocinadores (Absolut, Porto de Indias, Hotel Inffinit Vigo, Macho Underwear e Wapo App).
Posteriormente á actuación, haberá unha videosesión especial a cargo de DJ X.avi PetardPop que repasará a historia do festival.
Máis
Hora
10 maio, 2025 23:00(GMT+02:00)
Localización
Plaff
Rúa Oliva, 8, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual