VIALIA
bannerPicnicSesions

Eurovisión (O fake show)

01abr21:00Eurovisión (O fake show)ESPECTÁCULOS | Desde 12,00€21:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O concurso musical televisivo máis internacional chega ao Teatro A Fundación o vindeiro venres 1 de abril ás 21h.

Países europeos mestúranse con China e EEUU, que non son europeos pero participan. Como tamén participa Galicia nesta obra teatral como anfitriona do festival.

Podería transmitir a TVG unha gala de Eurovisión? Participaría Galicia cunha canción? Converteríase polo tanto nun país? Estamos preparados para o gran show?

Dous actores e unha actriz cantan, bailan, presentan e actúan neste show.

Actores: Sabela Hermida, Pedro Picos y Xosé Bonome.
Dirección: Rebeca Montero. Texto: Lino Braxe.
Coreografía: Sabela Hermida.
Música orixinal: José Bonome.
Vestiario: Bucanero.
Produción: Bucanero y Manarte producións

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)