REVISTA ABRIL

Gabriel Mckenzie

12ago18:00Gabriel MckenzieCONCERTOS | 9,00€18:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Volve a música ao xardín botánico da Fundación Sales. Despois de ser posposta pola situación sanitaria, este xoves recuperamos a programación do ciclo de concertos deste verán. O primeiro en pasar pola fundación será Gabriel Mckenzie, músico vigués con influencias eclécticas e raíces do máis cru Delta Blues do Mississippi. Cantante, guitarrista e compositor de Zålomon Grass, transportaranos coa súa voz e a súa guitarra por todas as cancións escritas ao longo da súa carreira. Acompañando a Gabriel Mackenzie estará o DJ Tropical Boy e na zona da bambussería poderemos gozar do concerto de Paula Pascual (modulador de ondas) co seu piano e theremin.

A programación para o que resta de verán queda da seguinte maneira:

  • 12 agosto: Gabriel Mckenzie + Tropical Boy + Paulo Pascual
  • 19 agosto: Asaí Bossa Nova
  • 26 agosto: Pólvora
  • 9 setembro: Artista por confirmar
  • 11 setembro: Elephants Yard
  • 16 setembro: Adrian Timms + Vade Retro
  • 23 setembro: Los Pontiaks + Novio Cadáver
  • Data por confirmar:  Tinta + DJ Gus

As entradas poden comprarse a través da web do festival.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events