
Este verán volve a ópera a Castrelos con 'La Traviata'
Detalles do eventos
O alcalde, Abel Caballero, deu a coñecer o primeiro concerto deste verán en Castrelos. Trátase de ‘La Traviata’ de Giuseppe Verdi, que poderemos gozar o venres 1 de
Detalles do eventos
O alcalde, Abel Caballero, deu a coñecer o primeiro concerto deste verán en Castrelos. Trátase de ‘La Traviata’ de Giuseppe Verdi, que poderemos gozar o venres 1 de agosto. Desde o Concello volven apostar por este xénero que o verán pasado tivo moi boa aceptación coa representación de ‘Rigoletto’ que, segundo o propio alcalde, congregou a 12.000 persoas no auditorio da finca da marquesa.
‘La Traviata’ baseada no libro de Alejandro Dumas ‘La dama de las camelias’ foi estreada en 1853 no teatro La Fenice de Venecia. Xunto con ‘Rigoletto’ e ‘El trovador’ forma a triloxía popular operística composta por Verdi a mediados da súa carreira. A ópera está dividida en tres actos e ten unha duración de 120 minutos que en Castrelos se representará sen pausa.
‘La Traviata’ é o primeiro de, como mínimo, dez concertos que se celebrarán este verán no parque de Castrelos dentro da programación estival de Vigo en Festas. O rexidor sinalou que segundo se vaian confirmando o resto de actuacións iranse anunciando.
Máis
Hora
1 agosto, 2025 22:00(GMT+01:00)