BANNER GALAXIA

17xul20:00Castrelos: 'Una casa con encanto'PEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O primeiro espectáculo infantil deste ano de Castrelos é Una casa con encanto, unha homenaxe á coñecida película de Disney Encanto. A apertura de portas é as 19:00 e a actuación ás 20:00.

SINOPSE

No alto das montañas de Colombia hai un lugar chamado Encanto. Aquí, nunha casa máxica, vive a extraordinaria familia Madrigal onde todos teñen habilidades fantásticas.

A maxia de Encanto concedeu a cada membro da familia un don único. Todos recibiron o seu don menos Mirabel. Cando descobre que a maxia que rodea Encanto está en perigo, Mirabel, decide que ela podería ser a última esperanza da súa excepcional familia.

Un elenco de oito intérpretes dan vida aos personaxes deste espectáculo de Teatro Musical onde contén oito cancións tributo á película e 4 cancións orixinais compostas expresamente para esta función. As cancións compostas para esta versión de teatro musical teñen letras de Pepe Ferrer e Damián Costa,e a música composta por Antonio Laborda.

Programación dos concertos en Castrelos e cachés dos artistas

20 xullo – Coral Casablanca – 44.165 €
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 €
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel (sinfónico) – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €

Máis

Hora

17 xullo, 2024 20:00(GMT+02:00)