REVISTA ABRIL

Esta tarde Big Band Gallaecia continúa o ciclo de concertos diante da árbore de Nadal

18dec19:30Esta tarde Big Band Gallaecia continúa o ciclo de concertos diante da árbore de NadalCONCERTOS | De balde19:30(GMT+01:00) Policarpo Sanz

Detalles do eventos

O goberno municipal organiza varios concertos durante este Nadal co fin de levar a música en directo a diferentes espazos da cidade, entre eles, a árbore situada en Policarpo Sanz, a Igrexa de Fátima ou a Concatedral de Santa María.
O ciclo musical comezou este venres co recital de Alberto Vilas e inclúe 10 citas máis:

  • Sábado 18: Big Band Gallaecia na árbore, 19:30 horas
  • Luns 20: concerto de corais na árbore, 19:30 horas
  • Mércores 22: Joao Paulo, contratenor na árbore, 19:30 horas
  • Xoves 23: Joao Paulo na Igrexa de Fátima, 19:30 horas
  • Domingo 26: Banda de música no adro da Igrexa de San Mauro de Matamá ás 12:30 horas da mañá
  • Domingo 26: concerto de corais na árbore, 19:30 horas
  • Martes 28: Galicia Fiddle Orquestra, concerto de corda, na árbore, 19:30 horas
  • Mércores 29: grupo de zanfonas da EMAO na árbore, 19:30 horas
  • Xoves 30: concerto sacro da soprano Marta de Castro na árbore, 19:30 horas
  • Domingo 2 de xaneiro: banda de música na árbore, 19:30 horas

    En cumprimento do Plan de Autoprotección do Nadal e seguindo a normativa sanitaria marcada pola
    Xunta de Galicia, os concertos da árbore terán un aforo máximo de 1.000 persoas, que estarán
    distribuídas en dous bloques de 500, coa recomendación de levar máscara de protección. En tódolos
    espazos previstos, a entrada será libre ata completar o aforo.

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Policarpo Sanz

Rúa Policarpo Sanz Vigo Pontevedra

Other Events