Detalles do eventos
Entre o 25 e o 27 de xullo, celébrase o festival Sinsal na Illa de San Simón. Trátase dun evento musical, organizado pola promotora local Sinsalaudio, que ten
Detalles do eventos
Entre o 25 e o 27 de xullo, celébrase o festival Sinsal na Illa de San Simón. Trátase dun evento musical, organizado pola promotora local Sinsalaudio, que ten a particularidade de que o seu cartel é secreto ata o momento de chegar ao festival. Caracterízase tamén polo eclecticismo e orixinalidade á hora de programar, ofrecendo ao público propostas diferentes, vangardistas e de varias partes do mundo (moitas delas por primeira vez en Galicia).
Esta edición conta con vinte e un concertos e quince sesións musicais en escenarios alternativos con DJs e a Orquestra Clásica de Vigo. A maiores, o Sinsal tamén ofrece unha ampla variedade de actividades paralelas como, por exemplo, aquelas enmarcadas na Escola Sinsal ou as que pertencen a Descubre San Simón. As primeiras pretenden divulgar e recuperar a memoria sonora do século XX, mentres que as segundas dan a coñecer o patrimonio natural, cutural e histórico do arquipélago, da man de Xosé L. Faílde (Amarturmar).
Desde 2022, é o festival galego de música mellor valorado polas profesionais da Cultura no país, recoñecemento que se suma aos recibidos, nos útimos anos, pola súas políticas innovadoras en relación tanto á sostibilidade ambiental como social -segundo o mesmo informe da Fundación Contemporánea de 2024, Sinsal sitúase como a sexta iniciativa cultural a nivel estatal máis comprometida a nivel social e co desenvolvemento sostible-. Neste sentido, ademais, atesoura múltiples galardóns, como son o Premio Nacional dos Iberian Festival Awards de Contribución á igualdade no 2023 ou Premio FEST á Sostibilidade ambiental no mesmo ano, distintivo que reforza o que xa recibiu no 2019 (Festival máis sostible) ou no 2015 (Mellor Festival de Pequeno Formato).
Hora
25 xullo, 2025 12:15 - 27 xullo, 2025 21:15(GMT+02:00)
Localización
Illa de San Simón
Illa de San Simón, Pontevedra

