Detalles do eventos
Os días 4 e 5 de outubro, celébrase a vixésimo novena edición do Maratón Fotográfico, un concurso fotográfico de 24 horas de duración (cun control de saída e
Detalles do eventos
Os días 4 e 5 de outubro, celébrase a vixésimo novena edición do Maratón Fotográfico, un concurso fotográfico de 24 horas de duración (cun control de saída e outro de chegada), no que os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización dentro dos límites do Concello de Vigo.
O Maratón comeza ás 11:00 h na Praza do Pobo Galego. Unha hora máis tarde, infórmase dos catro temas desta edición e dase a saída oficial. Os fotógrafos dispón de 24 horas para facer, escoller e procesar as súas obras. O domingo ás 12:00 h, deben entregarse todas as propostas. Ademais de premios para os gañadores, todos os concursantes gozarán da exposición do seu traballo na Casa Galega da Cultura.
Poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a inscrición, antes das 15:00 h do venres 3 de outubro.
Preme aquí para acceder ás bases completas e máis información.
Hora
4 outubro, 2025 11:00 - 5 outubro, 2025 12:00(GMT+02:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


