XERAIS

Este é un evento repetitivo

20set10:0020:30Esta fin de semana, os usuarios da tarxeta PassVigo poderán viaxar de balde no Bus TurísticoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00 - 20:30(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

Un ano máis, Vigo súmase á Semana Europea da Mobilidade. Por este motivo e da man de Vitrasa, lanza unha iniciativa especial: os días 20 e 21 de setembro, o Bus Turístico será de balde para os usuarios da tarxeta PassVigo, con previa reserva online na plataforma Woutick!

Haberá catro saídas para descubrir a cidade desde unha nova perspectiva, a bordo do emblemático bus de dous pisos: ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 h. Con esta acción, búscase concienciar á cidadanía sobre os beneficios de desprazarse en transporte público (comodidade, eficiencia, aforro e respecto polo medio ambiente, entre outros).

Nos últimos anos, Vitrasa incorporou vinte novos autobuses híbridos e cinco buses Solaris Urbino 12 hybrid, un modelo urbano de última xeración, dando un paso adiante cara a sostibilidade. Ademais, renovan continuamente a flota, garantizando que todos os vehículos sexan 100% accesibles e conten cunha tecnoloxía de última xeración para mellorar a seguridade viaria e a eficiencia enerxética.

Hora

20 setembro, 2025 10:00 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events