VIALIA
bannerPicnicSesions

Este é un evento repetitivo

Está de Grelo

01out20:00Está de GreloESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Trilitrate convoca ó ouvinte a unha peregrinación a través dun cosmos imaxinario na súa nova aventura discográfica Está de Grelo; unha viaxe que sobrevoa un corno da abundancia rebosante de músicas e cuxo lanzamento conta co apoio do selo norteamericano Ropeadope (Snarky PuppyMedeski, Martin & Wood; Eddie Palmieri…) e do selo barcelonés Gandula (Za, Sara Fontán, Gambardella…).

Trátase do seu terceiro longa duración: un disco no que a banda abre unha nova fisura ós contornos do folk, a música clásica e a contemporánea; unha fenda pola que entra a un paraíso sonoro sen lim itaciónns, onde os leitos dos distintos xéneros musicais atópanse nun océano de esplendor, beleza e luminiscencia.

Está de Grelo encerra odiseas musicais, que atravesa o folclore otomán, o celta, o romanés ou o africano, epopeas que nos levan a unha metamorfose da música barroca ou do impresionismo de Ravel e Vaughan Williams, unha transfiguración do neoclasicismo de Stravinsky e Shostakovich; un compendio harmónico e rítmico salvaxemente orixinal que non teme achegarse á música electrónica ou ó black metal, sen abandonar as súas ferramentas acústicas e o seu compromiso coa personalidade singular do grupo.

Unha categórica revelación do disco aparece no plano vocal, cada vez máis presente na banda. Fermosas liñas melódicas e harmonías corais adornan o coidadoso e impecable traballo instrumental, dun virtuosismo que atravesa pasaxes do mais delicado ó máis agresivo; nesta ocasión apoiados polas grandes colaboracións de Toño Magariños (Unicornibot, Diola, Peña) e Pablo Riveiro (Buogh).

No ámbito visual, a transformación é aínda maior coa incorporación da escenógrafa, debuxante, iluminadora e animadora stop-motion Montse Piñeiro (Premio María Casares 2018 á mellor escenografía), amplificando o campo de acción da experiencia óptica e elaborando, en tándem coa música, un novo big bang de beleza en expansión en cada directo.

Venres 1 ás 20:00
Sábado 2 ás 20:00

Máis