
12nov20:00EspiñoCONCERTOS | 10,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Despois de moitos meses sen programar concertos, La Fábrica de Chocolate organiza o concerto da banda santiaguesa Espiño no Auditorio Municipal do Concello. As entradas estarán dispoñibles en
Espiño
Despois de moitos meses sen programar concertos, La Fábrica de Chocolate organiza o concerto da banda santiaguesa Espiño no Auditorio Municipal do Concello. As entradas estarán dispoñibles en Ataquilla por 10€.
Espiño é proxecto en solitario de Alfonso Espiño, compostelán de 1976 e activo no mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. En Espiño, Alfonso dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar no eido deste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego. Virá acompañado pola súa banda.
Máis

(Xoves) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra