REVISTA ABRIL

22mar21:30ESPIÑOCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

A perseverancia e a experiencia avalan ó creador de cancións compostelán Alfonso Espiño, quen leva máis de media vida facturando música pop en combos xa de culto coma Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales. En solitario como Espiño dende 2016, sigue explorando xunto co seu grupo as posibilidades do pop lisérxico, erixíndose en estandarte da neopsicodelia en Galicia e en galego, acuñando o termo galedelia.

Acompaña a Espiño (baixo e voz) nesta etapa da súa andaina musical a banda composta por Ale González (teclados), Brais Sánchez (guitarras) e Fran Facal (batería). O grupo naceu alzándonse co Primeiro Premio do II Certame Galicia Creativa en novembro de 2016, sendo tamén finalista dos Premios Martín Códax da Músicaen 2018, 2019 e 2021. Nas súas gravacións, Espiño é xeneroso co detalle e os arranxos instrumentais, que flúen en sintonía cunha lírica rica en personaxes fascinantes e lugares máxicos, inspirados pola paisaxe natural e a melancolía de Galicia. Sobre os palcos, a banda ofrece un enérxico directo que tamén conta con momentos puntuais para o recollemento e a emoción.

Máis

Hora

22 marzo, 2025 21:30(GMT+01:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events