04out12:00'4.0' | CANCELADOESPECTÁCULOS | De balde12:00(GMT+02:00) Parque da Atalaia
Detalles do eventos
*CANCELADO debido ás malas condicións meteorolóxicas. No marco da Escola Feminista: Pensamento, acción, creación, A Morada
Detalles do eventos
*CANCELADO debido ás malas condicións meteorolóxicas.
No marco da Escola Feminista: Pensamento, acción, creación, A Morada organiza 4.0, un espectáculo de Sue Moreno no Parque da Atalaia.
SINOPSE
Un espectáculo único que combina técnicas aéreas de circo, cancións e teatro físico sobre unha estrutura de 6 metros de altura. O humor é o fío conductor para contar a historia dunha muller que loita por conciliar traballo, vida e maternidade, amosando con tenrura, risa e algo de absurdo as múltiples caras desta etapa vital.
SOBRE SUE MORENO
Sue Moreno (@suemoreno en Instagram) é unha actriz, trapecista e bailarina formada na escola de danza Carmen Serra e nas escolas de circo Carampa e Charivari. Desde o 2000 non deixou de crear e actuar, e hoxe dirixe a súa propia escola de Acrobacias Aéreas na Coruña.
Hora
4 outubro, 2025 12:00(GMT+02:00)
Localización
Parque da Atalaia
Rúa da Atalaia, 15, Freixeiro, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




