VIALIA
bannerPicnicSesions

'Espazos Roubados' de Isabel Blanco

29novTodo o día07xan'Espazos Roubados' de Isabel BlancoARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A Deputación de Pontevedra organiza o programa #ViolenciaZero por motivo do 25N, que pretende loitar contra a violencia machista, baixo o lema ‘Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!’.

O vindeiro luns 29 de novembro inaugurarase a mostra ‘Espazos Roubados’, de Isabel Blanco, na Sede da Deputación en Vigo. A exposición poderase visitar na sala Rosalía da sede provincial ata o próximo 7 de xaneiro.

A exposición está protagonizada por 13 manequíns femininas que evidencian e denuncian a ausencia e escasa participación das mulleres, en pleno século XXI, en diferentes ámbitos como a construción, a música rock, o fútbol americano, a robótica e tecnoloxía, a dirección de orquestra, a dirección de cinema, a política, a extinción de lumes, a mecánica e a automoción, a aviación comercial, ou a astronáutica.
Para reivindicar estes “espazos roubados” as manequíns que representan estas 13 profesións amósanse sentadas, en posición de espera e cun traxe que as identifica. Xunto a cada figura feminina hai amais unha fotografía que amosa a realizade e pon en evidencia a ausencia da muller no eido laboral ou profesional fotografado. Amais, as manequíns e fotografías están acompañadas dunha intervención sonora, da propia Isabel Blanco, na que se afonda nas desigualdades que sofren as mulleres, presentes e evidentes na exposición.

PROGRAMACIÓN

  • 25 de novembro: ‘VER/CADA/Bágoa’
  • 29 de novembro: Mostra ‘Espazos Roubados’
  • 11 e 18 de decembro: Ciclo de ‘Cinema Mulleres’
  • Ata 31 de decembro: Mostra ‘Muller por muller’

Máis

Hora

Novembro 29 (Luns) - Xaneiro 7 (Venres)(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events