OV430

11nov(nov 11)17:0031dec(dec 31)21:00Argallar: espazo de xogoPEQUECHOS | De balde(novembro 11) 17:00 - (decembro 31) 21:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Creado pola asociación Ludantia, ARGALLAR é un espazo de xogo libre que inclúe unha serie de módulos de construción concibidos como unidades de xogo.

A sala é accesible ao público (especialmente público infantil e familiar) polas tardes, no horario de apertura do Museo. As mañás dedícanse a grupos escolares de calquera idade e ciclo educativo, e cada visita compleméntase cun obradoiro dirixido por talleristas especializados no ámbito da educación pola arquitectura, en colaboración co personal de Didáctica do MARCO.

HORARIOS

PÚBLICO EN XERAL: entrada libre ata completar a capacidade

  • De martes a sábados de 17:00h a 21:00h
  • Domingos de 11:00h a 14:30h

Hora

11 novembro, 2025 17:00 - 31 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events