REVISTA ABRIL

Esmorga Market, o mercado da creatividade local

11mai(mai 11)16:0013(mai 13)21:00Esmorga Market, o mercado da creatividade localFESTIVAIS E FEIRAS | De balde16:00 - 21:00 (13)(GMT+02:00) MUTA

Detalles do eventos

Esmorga Market terá lugar o 11, 12 e 13 de maio, no Espazo MUTA, no centro de Vigo.

Este evento nace co forte compromiso de apoiar e poñer en valor o talento e a creatividade de marcas emprendedoras, para que durante unha fin de semana teñan a oportunidade de expoñer e vender os seus produtos fisicamente, compartindo o espazo con música en directo e gastronomía local.

O primeiro día abre o evento un festival de baile da Academia de Danza Pasiños (18:30h) e termina co concerto en directo de Carla Lourdes (20:00h). Tamén hai espazo para artistas que están a empezar na música: Reyes Caride (ás 18:00h, venres 12 de maio) e a Román Tabarés (ás 19:30h, venres 12 de maio), a Carlota Crey (ás 12:30h, sábado 13 de maio), a Rober Calvo (ás 18:00h, sábado 13 de maio) e Amparo (ás 19:30h, sábado 13 de maio).

O espírito de Esmorga Market está baseado na creación, a exclusividade e a creatividade. Será un punto de encontro para creadores, artistas, artesáns, xunto co público que nos visite, onde poder dar un paseo, comprar artigos exclusivos, escoitar en directo a músicos locais e picar algo, pasando unha fin de semana única e inesquecible.

Atoparemos tanto marcas de roupa, suadoiros, bolsos feitos a man, tops de crochet, como ilustracións, artigos estampados con follas, bixutería, cosmética, e moita máis variedade cun total de 25 marcas. Podes consultalas na conta de IG.

Respecto a a gastronomía: Froitas Manzano (froitas de gran calidade, do horto a casa), Talea Pastelería (doces, empanadillas e paninis), Tía Estebana (embutidos de primeira calidade, bocadillos, etc), e Adegas terrae (viños).

Por outra banda, están a planificar talleres infantís e zona infantil de xogos durante todo o evento para que os pais e nais poidan realizar as súas compras tranquilamente. Pódese reservar praza a través do instagram (@esmorgamarket) ou correo electrónico (esmorgamarket@gmial.com) xa que hai prazas limitadas.

Ademais durante o evento haberá máis sorpresas, como por exemplo o sorteo de dúas cestas con produtos das marcas participantes. Particípase coa compra en calquera dos espazos (nos cales se lle dará automaticamente unha papeleta para meter na urna da entrada) e para o outro sorteo terán que subir unha foto a instagram durante o evento mencionado ao mercado. O sábado 13 de maio, realizaranse en directo ambos os sorteos, tanto en físico como a través de instagram.

Máis

Hora

11 (Xoves) 16:00 - 13 (Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events