Portamerica
REVISTA MAIO

Esmorga Literaria 2

21out11:0020:00Esmorga Literaria 2ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 20:00(GMT+02:00) RioLagares

Detalles do eventos

Como acontecera o sábado 24 de xuño de 2023 e coa idea de promocionar a literatura en galego, o Espazo RioLagares, organiza unha esmorga literaria o sábado de 13:00 a 20:00, que ten como obxectivo precisamente iso, unha festa da escrita e da palabra. 

O próximo sábado 21 de outubro de 2023, os que lles guste a literatura en lingua galega actual terán oportunidade de se encontrar con sete autor@s de Vigo e arredores. 

Cada un dos escritores terá unha hora marcada para atendelos, para intercambiar experiencias de lectura, para ler os seus textos de prosa ou poesía, para responder ás preguntas eventuais.

A orde de intervención é correlativa, ou sexa que comezará a rolda  con Marta Dacosta de 1 a 2 da tarde (13-14 h) e rematará con Xurxo Borrazás de 7 a 8 do serán (19-20 h). Hai, así e todo, unha flexibilidade horaria nas intervencións.

Neste caso a lista de autor@s inclúen a Marta Dacosta,  Manuel Forcadela, An Alfaya, Xosé Monteagudo, Román Raña, Pepe Cáccamo e Xurxo Borrazás. 

Non é frecuente que os lectores adultos poidan dialogar cos autores. Nas presentacións dos libros, que case sempre adoitan ser entendidas como unha palestra dirixida aos lectores potenciais, resultan en certo modo redundantes. Hai, ás veces espazo para un par de preguntas, mais nin sempre se dan as condicións para un diálogo pausado. 

Ende máis, os autores de narrativa, raramente len os seus textos, pois, si ben existen innúmeros recitais poéticos, non é frecuente no noso sistema literario a lectura pública da prosa. O obxectivo, enténdase é duplo: a) o encontro cara a cara entre os lectores e os autores e b) a lectura pública de prosa e poesía, sen que haxa unha exclusividade na selección dos textos.

Como se entenderá, pois se trata da segunda experiencia de este tipo (a primeira foi o 24 de xuño de 2023), estas intervencións teñen vocación de continuidade, por varias razóns: a) para combater esa idea pesimista de que a literatura está en declíneo e vai camiño de desaparecer, b) para contribuír á devolver o prestixio á literatura e os seus actores, c) para dinamizar a vida literaria e d) para estabelecer un diálogo entre os lectores adultos e os autores, que agora só existe e non sempre no eido do ensino secundario ou nos recitais de poesía. 

Máis

Hora

21 outubro, 2023 11:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares

67PC+2F Vigo

Other Events