
Detalles do eventos
Entre o 20 de xuño e o 21 de setembro, o MARCO acolle savia y sangre, unha exposición de Laura Lio. Na obra de Laura
Detalles do eventos
Entre o 20 de xuño e o 21 de setembro, o MARCO acolle savia y sangre, unha exposición de Laura Lio. Na obra de Laura Lio (Bos Aires, 1967, residente en Madrid dende 1990) únense o forte compromiso social –político, ecolóxico, feminista, colectivo, contemporáneo– coa defensa dun traballo rigoroso, metódico, lento, sen atallos. Detrás dos seus debuxos e obxectos hai unha observación minuciosa e unha análise previa que busca a orde interna que percibe na natureza –o crecemento dunha árbore, as nervaduras dunha folla, as formas estilizadas dunha rama illada– ou o sentido das construcións que realizan os animais (os niños son un bo exemplo): estruturas sólidas en obxectos mesmo fráxiles, leves.
Desde finais dos anos 80, dá inicio a unha especie de biblioteca na que uns libros son tratados como obxectos-poemas visuais, algúns cun contido crítico moi directo; outros semellan un resumo de ecos, seducións, vivencias, memoria; e un terceiro grupo desprégase ante nós como unha paisaxe, ao xeito oriental. Realiza tamén outro traballo máis directo e urbano, que lle permite utilizar como soporte as paredes intervidas por sucesivos carteis publicitarios con mensaxes moi distintas que, fragmentados e postos en relación, formulan comentarios sobre a realidade, directos e ao tempo poéticos.
Con obra en museos como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid ou o Museo Patio Herreriano de Valladolid, Laura Lio ten proxectos de intervención pública, próximos ao land art, e investigacións que resume en publicacións como Refugios del cuerpo y la imaginación, un suxestivo ensaio sobre as relacións –visuais, funcionais,
poéticas– entre as construcións dos animais, a arquitectura, e as obras dos artistas contemporáneos.
HORARIO DE VISITA
- De martes a sábados (festivos incluídos): 11:00 – 14:30 h e 17:00 – 21:00 h
- Domingos: 11:00 – 14:30 h
Máis
Hora
20 xuño, 2025 11:00 - 21 setembro, 2025 14:30(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra