>

27ago19:3021:00Escoitas Disonantes: colectivas e sen présaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:30 - 21:00(GMT+02:00) RioLagares

Detalles do eventos

Río Lagares e A Disonante Cultural impulsan en Vigo un ciclo no que profesionais vinculados á música comparten co público un disco que marcou as súas vidas. As sesións son de balde, con reserva previa, e prolongaranse ata novembro.

Hai discos que gañan cando se escoitan de principio a fin, sen présas e prestándolles toda a atención. Desa idea nace Escoitas Disonantes, un ciclo organizado por A Disonante Cultural e Río Lagares que convida diferentes profesionais do eido musical a escoller un álbum significativo para eles, reproducilo íntegro en alta fidelidade e conversar co público arredor da obra.

O ciclo comezou en xuño coa escoita de Pygmalion, de Slowdive, escollido por Quique Fabrica, e continuou en xullo con Fernando Jiménez e Ten, de Pearl Jam. Cada encontro propón así recuperar a experiencia de sentarse diante dun disco e dedicarlle o tempo que merece, acompañado ademais polo contexto e as reflexións da persoa convidada.

As sesións teñen lugar no Espazo Río Lagares, na rúa da Falperra 16, entre as 19:30 e as 21:00 h. A entrada é gratuíta ata completar aforo, pero é necesario reservar previamente a través de info@adisonantecultural.org ou por mensaxe directa á organización.

Próximas Escoitas Disonantes

  • 27 de agosto — Laura Jordán presenta Leila, nun EP Showcase.
  • 24 de setembro — Laura Fontán escolle The Ideal Crash, de dEUS.
  • 22 de outubro — Luis Campos (Sinsal) comparte Endless Summer, de Fennesz.
  • 26 de novembro — Marcos Ser Querido escolle It’s Blitz!, de Yeah Yeah Yeahs.

Hora

27 agosto, 2026 19:30 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares

Rúa Falperra, 16, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events