
'Escándalo en palacio'
Detalles do eventos
Gústache a comedia elegante? O humor intelixente? A erótica do poder? ‘Escándalo en palacio’ é a mellor alta comedia que podes ver sobre un escenario.
Detalles do eventos
Gústache a comedia elegante? O humor intelixente? A erótica do poder? ‘Escándalo en palacio’ é a mellor alta comedia que podes ver sobre un escenario. Dúas actuacións impresionantes de Xoán C. Mejuto e Iria Ares, as mellores críticas recibidas desde a súa estrea no Teatro Lara de Madrid e máis de 5.000 espectadores na xira de lanzamento de 2024.
O texto é unha idea orixinal de Pedro Ruiz, adaptada aos novos tempos por Estudo Momento. Unha sátira política brillante e incisiva con Intelixencia Artificial, Feak News, Redes Sociais, xornalistas-estrela, telelixo, política… E moitas sorpresas máis!
Xoán C. Mejuto interpreta a Bernard Mathieu, un presidente en apuros que destaca polas súas habilidades á hora de aferrarse ao poder. A súa maior virtude? O engano. Iria Ares é Paola D´Angio, unha Primeira Dama que poñerá patas para arriba a todo un país. O seu maior defecto? A sinceridade. O escándalo salta definitivamente cando a televisión emite en Prime time un vídeo do primeiro encontro sexual entre Bernard e Paola, cando o presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller! Bernard sabe que ten que dimitir, aínda que a palabra atragoareselle na garganta, Paola, en cambio, ve unha oportunidade única para mellorar a popularidade da parella presidencial. E o pobo? E a prensa? E o mundo da política? Se queres saber en que termina toda esta lea e cales son as artimañas do poder e os seus mecanismos… ‘Escándalo en palacio’ é o teu show.
Entradas desde 22,00 €
Máis
Hora
7 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
- Mes actual