05mar11:30Érguete 8Mactividades para o coco | de balde11:30(GMT+01:00) Fundación Érguete
Detalles do eventos
A Asociación Érguete centra este 8M nos retos que afrontan as mulleres con problemas de adiccións ao acceder a servizos asistenciais que, aínda hoxe, están deseñados principalmente para
Detalles do eventos
A Asociación Érguete centra este 8M nos retos que afrontan as mulleres con problemas de adiccións ao acceder a servizos asistenciais que, aínda hoxe, están deseñados principalmente para homes. A entidade viguesa organiza cinco actividades esta semana, unha por día, para visibilizar e dar voz a estas mulleres a través da arte e dunha serie de reivindicacións nas rúas do Calvario.
O xoves, día 5 de marzo, a escritora Xulia Alonso impartirá un taller de escritura terapéutica para as mulleres usuarias da Asociación. O obxectivo é axudalas a usar as palabras para reflexionar sobre si mesmas e dotalas de ferramentas para que poidan denunciar a súa situación.
A actividade súmase ás iniciativas realizadas durante toda a semana:
- Luns: usuarias e persoal confeccionaron broches artesanais con mensaxes que se poden colocar en roupa e mochilas.
- Martes: ás 11:30 h, colocáronse na rúa Martínez Garrido siluetas de mulleres a tamaño real para visibilizar a súa invisibilidade nos recursos asistenciais.
- Mércores: tamén na rúa Martínez Garrido ás 11:30 h, usuarias e persoal debuxarán dous camiños con pedras, un curto para simbolizar o percorrido dos homes polos recursos e outro longo, con obstáculos escritos, para representar as dificultades que atopan as mulleres.
- Venres: ás 12:00 h, organizarase na Praza da Memoria unha performance conxunta coas entidades de Social Calvario para denunciar os estigmas que sofren as mulleres en risco de exclusión.
A Oficina É Muller da Asociación Érguete é un programa específico para apoiar mulleres con problemas de adiccións e combater a desigualdade nos servizos de tratamento. As súas profesionais atenden na sede da Asociación en Vigo, no centro penitenciario de A Lama, Teixeiro e nalgúns centros de saúde da área metropolitana. Ademais, traballan tamén coas familias das persoas usuarias, poñendo o foco na contorna que lles rodea.
Hora
5 marzo, 2026 11:30(GMT+01:00)
Localización
Fundación Érguete
Av. de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, PO
Hoxe móvese
marzo

