OV430

19dec20:00'Épica Vulgaris'ESPECTÁCULOS | Desde 11,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

A Sala Ártika acolle Épica Vulgaris, un espectáculo de improvisación teatral e musical da compañía ImproVersados, onde a épica máis delirante e a música en directo se combinan co humor absurdo e a participación do público. Personaxes imposibles, rimas improvisadas, escenas heroicas ou ridículas e aventuras inesperadas dan forma a unha experiencia única e irrepetible en cada función. Un show cheo de fantasía, ritmo e tolemia escénica que promete moita risa e nada de sentido.

SINOPSE

Un grupo de heroes improbables lánzase á aventura máis épica e absurda que nunca soñaches… e que xamais se repetirá igual. Épica Vulgaris é un espectáculo de teatro e música totalmente improvisado, onde as historias nacen ao momento a partir das propostas do público: dende odiseas interplanetarias ata crimes misteriosos ou cancións de amor medieval. Cada función é unha combinación explosiva de humor, música en directo, rimas imposibles e personaxes delirantes que poden parecer saídos de Florinld, do máis fondo dunha tenda ou da mente de Shakespeare pasado por reguetón. As únicas constantes son a creatividade, a tolemia e a complicidade co público, que se converte no auténtico oráculo do destino desta épica tan vulgar como xenial.

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

19 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events