
Enxeñería: a vocación de cambiar o mundo coa ciencia e a tecnoloxía
Detalles do eventos
Imparte: Ana Mª Mejías Sacaluga Enxeñeira industrial pola Universidade de Vigo (1993). Doutora en Enxeñería pola Universidade de Madrid (2001).
Detalles do eventos
Imparte:
Ana Mª Mejías Sacaluga
Enxeñeira industrial pola Universidade de Vigo (1993). Doutora en Enxeñería pola Universidade de Madrid (2001).
Profesora titular da Univesidade de Vigo, dende 2003 (Organización de Empresas e Marketing).
Subdirectora da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, dende 2004 (Xestión e Organización docente).
Concelleira delegada da Área de I+D e Dinamización Administrativa do Concello de Vigo.
Obxectivos:
Os cursos de 3º e 4º da ESO así como os cursos de bacharelato son unha etapa decisiva para o alumnado, pois nela teñen que ir decidindo que materias queren estudar para perfilar a súa traxectoria formativa e saída profesional. Son decisións importantes que teñen que adoptar ás veces carecendo de información o que lles provoca incerteza, inseguridade e, nalgúns casos, frustración.
Aínda que esta situación acontece en todos os currículos (Tecnoloxía, Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencias da Saúde…) esta charla, enmarcada no programa municipal “Muller e nena na Ciencia. En galego facemos ciencia!”, pretende achegar os estudos científicos e tecnolóxicos a todo o alumnado, principalmente ás mozas cuxa participación neste eido debe fortalecerse. A ampla formación e experiencia da relatora será tamén un referente para elas.
Asemade, esta actividade quere ser unha chamada á necesidade de normalizar e dar visibilidade á lingua galega no eido científico, porque en galego tamén facemos ciencia.
Contidos:
Farase un percorrido polo progreso que a tecnoloxía facilitou nas nosas vidas e como a profesión de enxeñeira/enxeñeiro é protagonista deste progreso e dos cambios que necesitamos para construír un mundo mellor, mais sostible, xusto e igualitario.
Presentarase Vigo como unha cidade de referencia no eido da tecnoloxía e a innovación a través de exemplos da sua industria, dos seus centros tecnolóxicos e da súa universidade.
Quen organiza?
Os servizos de Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
A quen vai dirixida?
Mozas e mozos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
Cando?
O luns 14 de febreiro de 2022.
Onde?
No Museo Verbum – Casa das Palabras (Avda. de Samil, 17).
Hora?
A charla-coloquio comeza ás 16:30
Como me inscribo?
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 84 de luns a venres de 8:30 a 14:30 h ou enviar os seguintes datos persoais: nome e apelidos, idade e teléfono de contacto ao seguinte enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org
As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.
Máis
Hora
(Luns) 16:30
Localización
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra