Entroido no Calvario

18feb17:30Entroido no CalvarioAS NOSAS FESTAS | De balde17:30(GMT+01:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

Un pasarrúas infantil convertirá a peonil de Urzáiz nun sambodromo dando saída ao “Carnaval no Calvario”.
Coa participación de varios centros educativos do barrio e coa colaboración da asociación de Veciños do Calvario, o
pasarrúas infantil percorrerá o barrio vigués na maña deste venres 17 de febreiro. O centro neurálxico do desfile estará no Mercado do Calvario. Preto de 1600 nenos e nenas dos centros educativos Atalaya Cantabria, Mariano, Pombal e Valle Inclán, así como integrantes da Fundación Igualarte, animarán a todos os que se acheguen polo paseo de Urzaiz do Calvario entre as 9:30 h e as 14 h. O xa tradicional pasarrúas infantil de Carnaval do Calvario baterá este ano todos os records de participación, despois dos anos de pandemia no que non puido celebrarse.
A festa continuará o sábado 18 a partir das 17:30 h na parte alta da peonil con diversas actuacións. Para o público infantil contaremos con Magín Blanco, as 17:30h. Seguirá animando a festa a Charanga grupo B, de seguido a Agrupación Folclórica Andarela e como remate desta xornada festiva, as 20 h comezará a actuación do grupo Salsa Costas.

Máis

Hora

(Sábado) 17:30(GMT+01:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events