
18feb18:00Entroido: Desfile de comparsasAS NOSAS FESTAS | De balde18:00 Rúa García Barbón
Detalles do eventos
O tradicional desfile de comparsas de Entroido terá lugar o sábado 18 a partir das 18:00h. Todas as comparsas participantes partirán do Nó de Isaac Peral para desfilar
Entroido: Desfile de comparsas
O tradicional desfile de comparsas de Entroido terá lugar o sábado 18 a partir das 18:00h. Todas as comparsas participantes partirán do Nó de Isaac Peral para desfilar por García Barbón, Policarpo Sanz e rematar na Porta do Sol. Nesta edición de 2023, a primeira con total normalidade desde a pandemia, participan 28 comparsas; moitas delas de Vigo e outras chegadas desde os arredores e outros puntos de Galicia. Concédense tres primeiros premios e sete accésit as comparsas máis orixinais, mellor elaboradas e que teñan unha mellor posta en escena.
Logo das comparsas, a porta do sol acollerá o concerto de Xisco Feijoo.
As comparsas premiadas coñeceranse o mércores ás 19:30h antes do sepelio do Meco.
PROGRAMA ENTROIDO
Venres 17:
18:30 – Pasarrúas por Príncipe
20:00h – Entronización do Meco
20:30h – Concerto Tanxugueiras
Sábado 18:
17:00 a 18:00h – Pasarrúas por Príncipe
18:00h – Desfile de comparsas desde a rotonda de Isaac Peral por García Barbón e Policarpo Sanz
22:00h – Concerto Xico Feijoo na Porta do Sol
Domingo 19:
11:00h – Carreira de San Silvestre e Entroido desde a Porta do Sol
17:00h – Chocolatada e obradoiros para os cativos na Porta do Sol
18:00h – Mago Marco na Porta do Sol
Luns 20:
17:00h – Chocolatada e obradoiros para os cativos na Porta do Sol
17:30h – Concurso de disfraces para adultos e infantil
Martes 21:
17:00h – Pasarrúas por Príncipe
20:00 – Queima do Meco na Porta do Sol
20:30 – Concerto Orquestra La Travesía na Porta do Sol
Mércores 22:
18:00h – Exequias funerarias e comitiva fúnebre por Príncipe, Urzáis e Policarpo Sanz
Máis

(Sábado) 18:00
Rúa García Barbón
Rúa de García Barbón, 3-1 36201 Vigo, Pontevedra