Detalles do eventos
Redondela celebra unha nova edición do seu Entroido de Verán, unha das festas máis multitudinarias do calendario estival galego. A programación combinará actividades infantís e familiares durante a
Detalles do eventos
Redondela celebra unha nova edición do seu Entroido de Verán, unha das festas máis multitudinarias do calendario estival galego. A programación combinará actividades infantís e familiares durante a tarde con música, gala drag e concertos no Campo da Feira ata ben entrada a madrugada.
Programa
18:00 h – Inicio das actividades infantís:
- Xincana con inchables na Praza de Ponteareas.
- Inchables de auga na Pista da Xunqueira.
19:30 h – A Bailar, espectáculo da compañía Animar-T, na Praza da Torre.
20:00 – 21:30 h – Sesións DJ de Olalla Gonzalezz e Borja Rua, no Campo da Feira.
21:00 h – Tradicional Festa da Espuma, na Pista da Xunqueira.
21:30 h – Gala Drag, no Campo da Feira.
23:00 – 00:30 h – Concerto de Monoulious DOP.
00:30 – 02:15 h – Actuación de Ráfaga, banda arxentina de cumbia.
Ata as 04:00 h – Peche coa sesión dos DJs Kike Varela e Rodri Vegas.
A festa contará tamén cun Punto Violeta e Arcoíris e estará prohibido acceder aos espazos oficiais con recipientes de cristal. Ademais, haberá un servizo especial de autobuses entre Redondela e Vigo, Pontevedra e O Porriño, con saídas cara á vila desde as 18:00 horas e servizos de regreso ata as 06:00 da madrugada.
Hora
22 agosto, 2026 18:00 - 23:59(GMT+02:00)
Localización
Redondela
Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




