bannerSGPL

febreiro, 2020

21feballdayEntroido 2020AS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día) Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

Do 21 ao 26 de febreiro a nosa cidade encherase de festa con máis de 20 actividades, concertos e actos.

PROGRAMACIÓN:

Venres 21

O Entroido vigués comezará sobre as 18:00 con animacións de rúa na contorna da Porta do Sol e Príncipe, unha tónica habitual que se repetirá nos próximos días. Sobre as 20:00, cando rematen estos actos, comezará a entronización do Meco e posterior concerto de Soraya Arnelas, ambos na Porta de Sol. Localización, por certo, que presentará pequenas limitacións polas obras.

Sábado 22

O día grande do Entroido contará con animacións de rúa de 17:00 a 18:00, hora na que dará comezo o desfile de carrozas con saída do nó de Isaac Peral. Mantén o percorrido habitual, con finalización en Porta do Sol. As comparsas deberán ter un mínimo de 35 integrantes e haberá premios de 3.000, 2.500 e 2.000 euros respectivamente para os tres primeiros e catorce accésits de mil euros cada un. Para rematar, fin de festa co trío de flamenco fusión Ketama, que porá a bailar a todos os que se acheguen á Porta do Sol.

Domingo 23

A animación de rúa neste caso correrá a cargo dos Merdeiros, onde este personaxe histórico do noso folclore amolará a todos os que transiten polo casco histórico, tanto de mañá (11 a 14h) como de tarde (17 a 21h)

Pola mañá tamén terá lugar a VI Carreira Popular do Entroido, que contará con tres modalidades: infantil, adulto e veterano. Pola tarde volverán as actividades de animación na rúa en Príncipe, Praza da Princesa e diante do Marco, ademais de actuacións infantís e chocolatada nesta última localización.

Luns 24

As actividades do luns, principalmente dirixidas ás crianzas, serán todas diante do Marco: obradoiros, animacións e actividades infantís entre as 17:00 e as 20:00 e chocolatada ás 18:00.

Martes 25

Os merdeiros volverán facer das súas de mañá (11 a 14h) e de tarde (17 a 21h) polo casco histórico, mentres que a partir das 16:30 terá lugar o concurso de disfraces, tanto infantil e adulto como individual e en grupo. O concurso desenvolverase nun espazo delimitado na rúa Príncipe, diante da escalinata do MARCO, onde os membros do xurado avaliarán os disfraces e outorgarán o seu veredicto ao rematar o tempo de duración do baile previsto en 30 minutos. Por último, ás 21:30 na Porta do Sol será a tradicional queima do Meco. Lembrar tamén que este ano o martes de Entroido será festivo local.

Mércores 26

O último día desta festa comezará coas exequias funerarias solemnes ás 18:00 na Porta do Sol, de onde sairá e onde rematará o desfile de acompañamento das comparsas e da comitiva fúnebre. Sobre o escenario do punto 0 da cidade será o sepelio do Meco, que rematará coa lectura da acta do xurado e entrega de premios dos concursos de comparsas e carrozas.

Hora

febreiro 21 (Venres) - 26 (Mércores)

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X