ENTREVIÑOS

16xul(xul 16)11:0017(xul 17)20:00ENTREVIÑOSGASTRO | Desde 17,00€11:00 - 20:00 (17)(GMT+02:00) MUTA

Detalles do eventos

ENTREVIÑOS é unha feira do viño galego que acolle adegas con proxectos coidados e singulares. Na edición de 2022, entreviños contará con adegas como Albamar, Narupa, Tolo do Xisto, Adega do Ricón e con adegueiros como Bernardo Estévez ou Xosé Lois Sebio.

Poderemos coñecer os proxectos e probar os viños de adegas de todas as Denominacións de Orixe, Indicacións Xeográficas Protexidas e outras que non están nestas clasificacións oficiais, que serán diferentes os dous días da feira.

O domingo 17, en horario de tarde, varios sumilleres recoñecidos de Galicia guiarannos polas diferentes áreas xeográficas, uvas e tipos de terra dos viños da feira, en catas comentadas.

ENTREVIÑOS terá lugar en MUTA (Joaquín Loriga, 9, Vigo) os días 16 e 17 de xullo, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 o sábado e de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 o domingo.

A entrada dá dereito a catar os viños das difrentes adegas. Haberá unha zona de petiscos.

Prezo de entradas para 1 día: 17 €

Abono para os 2 días: 30 €

Máis

Hora

16 (Sábado) 11:00 - 17 (Domingo) 20:00(GMT+02:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events