Detalles do eventos
O Parque Forestal de Beade acollerá o 12 de outubro unha nova cita de EntrePontes con tres percorridos adaptados a diferentes públicos: un trail de 14 quilómetros e
Detalles do eventos
O Parque Forestal de Beade acollerá o 12 de outubro unha nova cita de EntrePontes con tres percorridos adaptados a diferentes públicos: un trail de 14 quilómetros e dúas andainas de 4,6 e 2,9 quilómetros.
O monte de Beade converterase o próximo 12 de outubro nun punto de encontro entre deporte, natureza e divulgación ambiental coa chegada de EntrePontes 2026. A proposta inclúe un Trail 14K Vigo, unha andaina de 4,6 quilómetros e unha andaina familiar de 2,9 quilómetros, pensadas para achegar os montes periurbanos de Vigo a públicos moi diferentes.
A iniciativa está organizada pola área de Deportes da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e a Comunidade de Montes de Beade, e combina a práctica deportiva coa posta en valor destes espazos naturais.
A proba principal será o Trail 14K Vigo, cun máximo de 500 participantes. Para quen prefira unha actividade máis pausada, haberá unha andaina de 4,6 km con 100 prazas e outra familiar de 2,9 km con 50 prazas, ampliando así a participación máis alá do público corredor.
Nas dúas andainas, ademais, as persoas participantes estarán acompañadas por guías, que explicarán a biodiversidade do Monte de Beade e os chamados servizos ecosistémicos, é dicir, os beneficios que estes espazos ofrecen á cidade: desde a conservación da natureza ata a regulación ambiental ou o seu valor como lugares de lecer.
INSCRICIÓN AQUÍ
Hora
12 outubro, 2026 10:00(GMT+02:00)
Localización
Parque Forestal de Beade
Parque Forestal Beade, 36312, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




