CAMELIAS

Entrega de premios do certame Exeria

15xuñ19:00Entrega de premios do certame ExeriaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

O vindeiro xoves 15 de xuño, en acto público, procederase á presentación pública dos orixinais gañadores do 2º Certame de relatos breves Exeria do Ateneo Atlántico.

O certame, cunha dotación económica de 1000 euros e un bronce de Cuqui Piñeiro para o gañador, e de 500 euros para un accésit, foi convocado polo Ateneo Atlántico en colaboración coa fundación Xoán Piñeiro e co patrocinio de Bodegas Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A. O xurado, presidido por Xina Vega e formado por Xosé Barral, Helena Pousa, Azucena Arias, Nones Araújo e Luisa Abad (secretaria), reuniuse o pasado 8 de xuño para emitir o seu dictame recollido na acta correspondente.

O acto de entrega de premios terá lugar o mércores 15 de xuño, ás 19 horas, nas instalacións da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO, García Barbón, Vigo). Constará dunha parte académica, na que se inclúe a presentación do acto por parte de Anxo Cabada, presidente do Ateneo Atlántico, a cerimonia de entrega de premios, a lectura dos mesmos e o saúo de Xina Vega, presidenta do xurado.
A continuación proxectaremos unha montaxe de imaxes sobre o tema arredor do que debían xirar os orixinais presentados: Vigo, futuro imperfecto. Actuación do trío de vento da Orquestra Clásica de Vigo que interpretará fragmentos de R. Muczynski.

Máis