Detalles do eventos
A A. C. Évame Oroza organiza Entre mi isla y tu puerto, un concerto da actriz e cantante, Orisel Gaspar, e o músico e pintor,
Detalles do eventos
A A. C. Évame Oroza organiza Entre mi isla y tu puerto, un concerto da actriz e cantante, Orisel Gaspar, e o músico e pintor, Pedro Román, coa colaboración do músico, Pablo Vila.
Entre mi isla y tu puerto é unha viaxe musical nada no ano 2024, que une dúas culturas que conflúen: a cubana e a galega. É un soño que se quere edificar, un bus levando e traendo soidades, unha guagua cargada de recordos, supervivencia e resistencia. É, tamén, un canto á amizade, á liberdade, á rebeldía… En definitiva, un canto de compromiso.
Cunha posta en escena extrovertida, lixeira, xoguetona e enérxica, poderase gozar cun harmonioso encontro entre a canción de Pedro Román e o ímpeto creativo de Orisel Gaspar. Unha proposta con letra e música dun e outro artista que por momentos achega ao talante expresivo afrocubano de Guillén, por momentos á excepcional humanidade de José Martí.
Hora
10 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


