CONGRESO MAR >

12xuñ18:00Entre arrolos e contiñosPEQUERRECHOS |De balde18:00(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A biblioteca acollerá unha proposta dirixida á primeira infancia da man de Bea Campos. A través de contos, cancións e pequenos xogos, os bebés e as súas familias poderán compartir unha experiencia arredor da literatura e da tradición oral nun ambiente tranquilo e acolledor.

A actividade está pensada para nenos e nenas de entre 1 e 3 anos e busca fomentar o gusto polos libros e a narración desde os primeiros anos de vida. O aforo será limitado.

Hora

12 xuño, 2026 18:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events