Entradas de cine por doazóns de sangue no Centro Comercial Travesía
Detalles do eventos
O Centro Comercial Travesía organiza os días 5 e 7 de decembro unha nova campaña conxunta coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS,
Detalles do eventos
O Centro Comercial Travesía organiza os días 5 e 7 de decembro unha nova campaña conxunta coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, co fin de impulsar as doazóns de sangue entre clientes e empregados, nunhas datas especialmente sensibles debido ás celebracións do Nadal. Como xa vén sendo habitual promoveranse as doazóns habilitando un espazo no interior do recinto comercial, nun local dispoñible na planta baixa, garantindo todas as medidas e protocolos de seguridade, así como o control de aforo. Para doar, non se require de cita previa e atenderase aos doantes por orde de chegada, nos seguintes horarios:
Xoves 5 de decembro: 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.
Sábado 7 de decembro: 10:00 a 14:30 horas.
Esta é a oitava campaña de doazón de sangue que acolle Travesía desde xuño de 2021 en colaboración con ADOS, a axencia galega para a doazón de órganos e sangue, iniciativas que son de gran axuda para os hospitais da comunidade xa que cada día necesitan entre 400 e 500 doazóns para atender unha media de 2.800 urxencias, máis de 800 intervencións cirúrxicas, 1 transplante de órgano e 1.600 atencións en hospitais de día.
O Centro Comercial Travesía volverá regalar como agradecemento a cada participante na campaña de doazón, unha invitación para trocar por unha entrada de cinema en Yelmo Travesía, a través da web www.yelmocines.es ou a APP de Yelmo Cinemas.
Máis
Hora
7 decembro, 2024 10:00 - 14:30(GMT+01:00)
Localización
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes