bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

16dec20:00Ensamble de clarinetes do CSMVCONCERTOS | De balde20:00 Auditorio Martín Códax

Ensamble de clarinetes do CSMV

Desde o martes 14 ao luns 20 de decembro terán lugar no Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) varios concertos enmarcados no tempo de Nadal que estamos a vivir. Neles poderemos escoitar grandes músicos convidados, como os que forman o quinteto residente do Festival Verão Clássico de Lisboa, un recital de música italiana organizado en colaboración coa Asociación Dante Alighieri de Vigo, varias das agrupacións formadas polo alumnado do CSMV e un concerto para nen@s promovido pola aula de tuba do conservatorio. Os Concertos de Nadal 2021 comezan precisamente o vindeiro martes 14 co quinteto residente do Festival Verão Clássico de Lisboa. Esta formación, composta por músicos posuidores de destacadas carreiras internacionais, está integrada por Mihaela Martin (violín), Miguel Da Silva (viola), Frans Helmerson (violonchelo), Tiago Pinto-Ribeiro (contrabaixo) e Filipe Pinto Ribeiro (piano). Ofrecerán un programa composto por dúas obras moi apreciadas por todos os afeccionados á música: o coñecido quinteto de F. Schubert “A troita” e o cuarteto con piano nº 2 de A. Dvorák.

Martes, 14 de decembro de 2021, 20:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

VERÃO CLÁSSICO on tour
Mihaela Martin (violín)
Miguel da Silva (viola)
Frans Helmerson (violoncello)
Tiago Pinto-Ribeiro (contrabaixo)
Filipe Pinto-Ribeiro (piano)

Mércores, 15 de decembro de 2021, 20:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

Ensamble de metais e percusión do CSMV
Juan Carlos Díaz, director

Xoves, 16 de decembro de 2021, 18:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

Ensamble de madeiras do CSMV
Juan Carlos Díaz, director

Xoves, 16 de decembro de 2021, 20:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

Ensamble de clarinetes do CSMV
Juan Carlos Díaz, director

Venres, 17 de decembro de 2021, 20:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

Recital de música italiana
José Antonio Campo (tenor), Severino Ortiz (piano)
Concerto organizado en colaboración coa Asociación Dante Alighieri de Vigo

Luns, 20 de decembro de 2021, 17:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

Tuba Nadal – concerto para nen@s
Aula de tuba CSMV

Luns, 20 de decembro de 2021, 20:00 h.
Auditorio Martín Códax do CSMV

Big Band do CSMV
Alejandro Troya, director

Máis

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X